Unha mañan trepidante a de onte Venres 7 de Agosto na Praza do
Obradoiro, choveu, sufrimos, quentou o sol...ao final unha mañan na que
creemos que todolos participantes na Presentación da FIA DA LÁ 2015, se
sentiron agusto.
O noso agradecemento:
- ao Concello de
Santiago de Compostela, por esa primeira chamada de teléfono onde
comenza a presentación da FIA DA LÁ 2015, pola boa acollida, por facelo
fácil e sinxelo.
- á Xunta de Galicia pola resposta, polo apoio, pola axuda e colaboración.
- á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño,
polo bo traballo que estan a realizar, por estar ao noso lado, por
camiñar con nós, polo soporte, "sen vós a presentación da FIA DA LÁ
2015, non sería o mesmo".
- ao Concello de Cabanas por acompañarnos.
- á aqueles que non puideron estar con nós, pero que de algún xeito nos fixeron chegar palabras de ánimo.
- á Do Acibreiro,
por sorprendernos unha vez máis co seu traballo, por aturarnos tantos
anos (ás veces non é nada fácil), por romper a cabeza con nós.
- ás Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres,
por un camiño de sete anos, de aprender día a día, de traballar, de
rir, de sufrir, de disfrutar, de ensinar...ainda nos queda camiño por
andar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario