martes, 12 de noviembre de 2013

A Esfolla 2013


Este domingo celebramos a roga da esfolla, unha das nosas celebracións máis arraigadas.
Recollimos o millo o xoves, nunha escampada e esfollámolo o domingo no pavillón de Lavandeira.
Merendamos cas tradicionais papas, liscos zonchos e viño.

Nesta ocasión a música foi excepcional:
 Ce a orquesta pantasma. Unha maravilla, fixo disfrutar e participar a grandes e pequenos ca súa música e coa súa arte.

Non deixedes de visitar a súa páxina web: 

www.ceorquestrapantasma.com

Concentración silenciosa

domingo, 6 de octubre de 2013

V MOSTRA DA FIA

Nesta ocasión celebramos un encontro de fiandeiras de Galicia e Asturias. Estiveron con nós:
- Fina Casal de San Saturnino, A Coruña
- Marta Seco de Xermade, Lugo
- Asociación de Mulleres de Insua, Vilalba, Lugo
- Asociación de Mujeres Cuarto de la riera, Tuña, Tineo, Asturias.
E tódalas fiandeiras da nosa asociación "CABANAS RURAL"

Acompañaronnos durante toda a tarde  coa sús música BERROS DO CASTRO.

Ao largo de toda a tarde poidemos ver diferentes demonstracions do tratamento da lá, escarpizado, cardado e fiado con diferentes técnicas e utensilios.

Merendamos, como non, chocolate e bola, e rematamos a tarde cun sorteo.


Se fue el mes de septiembre... y con él se lleva la inocencia de nuestros caminos y de los rincones más tranquilos de nuestros lugares y  aldeas... Un escalofrío de incertidumbre nos recorre cada vez que miramos al horizonte.
Ojalá que pronto podamos recuperar la confianza y la tranquilidad de vivir en un lugar dónde nunca pasa nada.

miércoles, 21 de agosto de 2013

FEIRA ETNOGRÁFICA DA COMARCA DO EUME




Igual que o ano pasado acudimos a feira coas labores propias da fía, levamos os nosos fusos, as nosas cardas, rocas, máquinas de fiar, e por suposto a lá. Ata nós acercarónse moitas persoas coñecidas para falar e saludar veciños e veciñas que había tempo que non vian. Tamén moitos descoñecidos que se achegan onde nós polas lembranzas que estas labores lles traen das casa onde naceron, das súas nais e avoas...

domingo, 28 de julio de 2013

A MERENDA DO DÍA DO SOCIO


O día 20 de xullo celebramos no pavillón de Lavandeira a merenda do día do socio.

O menú foi o acostumado para este día: boliños preñados e bolas de roxóns, ainda que nesta ocasión introducimos unha variante: o xamón cocido con patacas, elaborado polo Cáterin Ferrolterra e do agrado de tódolos comensales.
Pola mañá colocamos o pavillón e a partir da unha empezamos a amasar e cocer... e ata as sete da tarde, que tivemos todo preparado para levar para Lavandeira.
Alí degustamos todos estes pratos na compaña de moitos dos nosos socios e socias, animados polo grupo musical A CULPA FOI DE LOLO.

Deixovos algunhas fotos da faena da cocedura, cando teña as da festa, tamén as poñerei.

domingo, 17 de marzo de 2013

CELEBRAMOS O 5º ANIVERSARIO

O sábado 16 de marzo de 2013 celebramos o 5º aniversario da nosa asociación.
Nin a climatoloxía nin a temperatura acompañaron, choveu todo o día e a temperatura non subiu dos 10º dentro do pavillón de Lavandeira.

Non importou aos asistententes que pretendimos subir a temperatura a base da suculenta comida preparada polo catterig "Ferrolterra" e do baile na sobremesa amenizado espectacularmente polo grupo "Los Zares" de Ferrol.


lunes, 18 de febrero de 2013

GRAZAS POR PARTICIPAR!


Moitos participantes, hasta 29, gran variedade de larpeiradas, dende orellas ata rosquillas, pasando polos freixós ou as torrijas, esto polo lado máis tradicional, tamén outras sobremesas máis innovadoras e divertidas cociñadas polos máis novos, un  pracer...



miércoles, 13 de febrero de 2013

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES PARA O PRÓXIMO ANO


Moitas das datas xa están pechadas pero hai outras que todavía están por concretar, iremos confirmando as datas dos diferentes eventos a través da nosa conta de facebook e tamén enste mesmo blog.

CONCURSO LARPEIRADAS DE ENTROIDO

E VAN CATRO..., parece que foi onte, somentes me ven unha palabra á cabeza: Emocionante!