jueves, 21 de junio de 2012

TARDE SOLIDARIA CON AFAL FERROLTERRA... E VAN 3



O sábado 16 de xuño celebramos a terceira tarde solidaria con AFAL Ferrolterra. Moita xente nos acompañou dende o inicio da xornada, invitados especiais os usuarios de AFAL e de GERIATROS. Contamos coa presencia de moitos colaboradores: Airños do Frade, de San Martiño do Porto, que tocaron e bailaron non só eles senón que tamén fixeron bailar a moitos dos asistentes. Os talleres de Patchwork de Cabanas e tamén os de bolillos e bordado de Lavandeira. Innumerables doacións de regalos para o sorteo, non quero destacar ningún porque todos son importantes e ben recibidos pola organización e sobre todo polas persoas que compran as rifas para participar no sorteo. Arrancamos sobre as 5 e media da tarde cun pouco de retraso sobre o horario previsto coa actuación da Tuna de Santiago de Compostela, actuación moi celebrada por tódolos asistentes.














Despois da actuación da Tuna chegamos ao momento central da tarde, arredor do cal se organiza todo o demais. PINTAMOS UN CUADRO, colaboramos o taller de manualidades de Lavandeira e o taller de manualidades de AFAL, da man da nosa monitora e impulsora da actividade, María Porto.







TODAS AS FOTOS DENDE OS PREPARATIVOS HASTA O FINAL

martes, 12 de junio de 2012

FÚTBOL SOLIDARIO

O sábado día 9 de xuño celebrouse no campo de A Veiga en Cabanas un partido solidario entre os equipos de modestos do Xuventude de Cabanas e o Capela C.F.a favor dos Servicios Sociais dos concellos de A Capela e Cabanas. Agradecer a asistencia do público, que non foi moi numeroso pero que participou de maneira admirable comprando rifas para o sorteo da cesta e dos lotes de botellas de viño. E destacar a colaboración dos rapaces integrantes dos equipos, que participaron desinteresadamente neste partido de fútbol solidario, un sábado pola tarde, deixando de lado os seus asuntos e actividades de lecer por unha boa causa. BOA XENTE. GRAZAS A TODOS!!!! En breves coloco algunha fotiño.

CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Convocamos aos máis pequenos da sociedade para que disfrutaran duns contiños que lles contaron as nosas amigas e colaboradoras. Despois dos contos, os nenos e nenas disfrutaron dun taller de manualidades e pintura onde poideron recrear os monicreques protagonistas dos contos que acababan de escoitar. Viñeron moitos, moitas graciñas aos pais por acercarse, a verdade é que daba gusto ver o parque de Lavandeira, cheo de nenos. Para eso é.

lunes, 11 de junio de 2012

Viaxe a Portugal

O sábado 2 de xuño viaxamos a Portugal. Saimos de Lavandeira ás 7 da mañá e chegamos sobre as 9 da noite. Unha viaxe moi plácida, ideal para desconectar, facendo compras tranquilamente na feira pola mañá e na Fortaleza pola tarde. A compañia inmellorable, un grupo de veciños e amigos. Ahí van algunhas fotos. O tempo portouse moi ben, somentes choveu mentres estabamos comendo, e á hora de sair para a casa. Compramos cousas moi variadas, dende as tipicas toallas hasta bandexas de louza, pasando por pixamas de corazóns, colchas, etc.