domingo, 22 de febrero de 2015

Larpeiradas 2015


CABANAS RURAL,  ven de celebrar  este Sábado 21 de Febreiro a septima edición deste goloso concurso, cunha grande afluencia de público e de postres.

GRACIAS POLA FANTÁSTICA ACOLLIDA DA EDICIÓN DESTE ANO, unha vez mais o frio foi vencido  póla calor das persoas que nos acompañaron.

Orellas, freixos, rosquillas, torradas, tartas de diferentes feituras: de laranxa, de nata, chiculate, frores, galletas, biscoitos, ... Un lote de doces onde o esmero, o cariño e esforzo de todos aqueles que os realizaron foi palpable,  espectacular, sobresainte... por isto pólo que dendê a CABANAS RURAL asociación de Mulleres non cansamos en dicir GRAZAS.


Duro traballo o que tiveron os membros do Xurado neste caso composto por os nosos representantes políticos no concello, guiados póla vicepresidenta de Cabanas Rural, probaron, miraron e debatiron intensamente cada mesa chea de sabrosos e impresionantes doces.

Dificil tarefa tiveron, Dificil, moi difícil... por iso, póla sua presenza, póla sua colaboración, póla sua disposición, por pasar unha moi boa tarde, entre nós e con nós,  porque non llelo puxemos nada fácil, GRAZAS membros do xurado, moitas grazas.





Dende a CABANAS RURAL so nos resta dar as grazas a todas aquelas persoas que estiveron con nós na tarde do SÁBADO 21 DE FEBREIRO , por traballar, por participar, por colaborar, por vir ... GRACIAS!!!!!
                                                                                  ¡¡¡ATE O 2016!!




miércoles, 18 de febrero de 2015

Horario estimado Larpeiradas

Este é o horario que temos previsto para o Concurso Larpeiradas 2015. (A ver como nos vai)
A recepción de postres realizaremola dende as 16:00 da tarde ata as 17:00 horas.
A partires das 16:30 comenzará a piñata, contamos cun cesto no que Cabanas Rural puxo 579 cintas de cores, cada unha destas cintas contén un agasallo.
Unha vez demos por cerrada a recepción de postres os membros do xurado comezarán a súa labor, que calculamos sexa entre as 17:45- 18:45 terán que escoller de entre todolos pratos que se presenten os catro premios que establece a organización: Entroido, Presentación, Sabor e Orixinalidade.
Valorase a tradición é relación que o postre teña que ver co Entroido, pero non é condición indispensable para levar premio, excepto o premio que se define para tal efecto.
Dende Cabanas Rural, convidamos aos nosos gobernantes a tomar unha doce decisión, invitandoos a disfrutar dunha tarde de esparcimento, de entretenimento e diversión, asi que o xurado estará formado por 1 representante de cada unha das formacións politicas que se atopa gobernando no concello. A vicepresidenta de Cabanas Rural fará de cicerone dos membros do xurado,  nunha xornada creada con ánimo de convivencia, colaboración e moitas ganas de pasalo ben.
Despois que xurado teña rematado coa valoración dos pratos presentados a concurso, os que nos acompañen poderán degustar e comprobar a gran calidade dos postres que ano tras ano concursan no LARPEIRADAS de Cabanas Rural. 
A partir das 19:00 da tarde farase entrega dos premios aos responsables dos pratos agraciados.

domingo, 1 de febrero de 2015

Larpeiradas 2015

CABANAS RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro SÁBADO 21 de Febreiro por séptimo ano consecutivo este goloso concurso.
 
Organizamos a séptima edición do concurso de postres LARPEIRADAS, no pavillón de Lavandeira, Cabanas. As bases son similares ás das edicións anteriores.
As persoas que desexen inscribirse no VII LARPEIRADAS, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.
A recepción dos postres farase a partir das 16:00 horas da tarde e ate as 17:00 horas, o SABADO 21 de Febreiro, dentro do pavillón; unha vez to rexistro se de por pechado, os membros do xurado procederán a facer a súa labor valorando a presentación, a orixinalidade e o sabor de cada un dos pratos presentados a concurso.