martes, 30 de agosto de 2011

XA TEMOS A LÁ LAVADA

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES, BOLILLLOS E BORDADO--2,3 e 4 de setembro--


O próximo día 2 de setembro, coincidindo coma sempre coa festa de aniversario da Sociedade Recreativa do Loureiro abriremos a exposición dos traballos realizados durante todo ano nos diferentes talleres de manualidades, bolillos e bordado. Non a perdades, os traballos merecen a pena, verdadeira artesania!!!

domingo, 14 de agosto de 2011

Planificando as próximas actividades

Hoxe, domingo dia 14 de agosto xuntámonos no noso local de Lavandeira para oganizar as próximas actividades.
Empezamos pola fía. Temos que ir preparando a materia prima. As ovellas xa están rapadas e ahora temos que lavar a lá. Facerémolo o día 18 pola tarde.

En SETEMBRO o día 2 montaremos a exposición dos traballos realizados durante todo o ano nos talleres de bolillos, bordado e manualidades impartidos  no noso local, en Lavandeira. Ahí van algúns exemplos dos traballos de manualidades que poderedes atopar.




máis





As últimas para hoxe son obras de Begoña e de Laura, unha compañeira que ven as clases de manualidades dende Paderne.












A semana do 12 ao 18 de setembro polas tardes organizaremos un taller para aprender a fiar. Poden apuntarse tódalas socias e socios que queiran aprender.

E como sempre empezamos por unha cousa e acabamos intercambiando recetas de cociña, nesta ocasión a conta de falar da merenda da fia quedamos en facer bizcochada para tomar co chocolate, e por si acaso Mari    refrescounos a receita:

1 docena de ovos
1/2 K. de azúcar
1/4 de fariña
raspadura de limón
Batir as yemas co azúcar, montar aparte as claras a punto de neve. Mezclar con coidado as claras coas yemas e despois engadir tamén removendo con coidado, non batindo a fariña.
Quentar o forno a 200º e cando metamos a bizcochada baixalo a 170º-180º. Cocer aproximadamente de 30 a 40 minutos.


Outra das básicas, bizcoito  de aceite, leite e anís de Marujita da Pedra do Couto. Se estabades intrigad@s en saber como a facía, ahí vai a receita:
6 ovos
3 vasos (de 1/4 de l). de azúcar
3 vasos de fariña
raspadura de limón
2 sobres de levadura
1 vaso de leite
1 vaso de aceite
unha pisca de sal.


Batir todo xunto, eso é. Todo xunto!!!!
Quentar o forno a 200º, baixar a 170ª ao meter o biscoito no forno. 
Cocer 50 minutos máis ou menos.
Recién saida do forno, rociar con anís e espolvorear con azúcar.


Os que  a tedes probado xa sabedes que está deliciosa, e os que ainda non a probastes intentade facela.

E esto foi o que deu de si a reunión, non estivo mal, a verdade é que ainda falamos de moitas outras cousas, eramos toda mulleres, si. ( contas, a cociña para o local, sillas novas, a data da esfolla, consellos de manualidades e outras consideracions..




































































martes, 2 de agosto de 2011

DIA DO SOCIO

O sábado pasado celebramos o día do socio cunha merenda. Xuntámonos en Lavandeira a partir da 5 da tarde e degustamos boliños preñados e bolas de roxóns entre outras cousas. Antes de merendar amasamos e cocimos. Ahí van unhas fotos e uns videos para que quede constancia de todo o proceso.