domingo, 18 de enero de 2015

Peche I Xornadas de Fiado


I XORNADAS DE FIADO, CABANAS RURAL.

Pechamos as primeiras xornadas de fiado contentas e satisfeitas. Tivemos un total de 38 inscripcións para participar nestas primeiras xornadas, aprender a fiar lá como sempre o fixeron as avoas, escarpizar, cardar e finalmente fiar, toda unha arte milenaria.
O poder utilizar a colección dos fusos do mundo e diferentes máquinas de fiar, permitenos adecuarnos as máns de cada alumno facendo que lles resulte mais fácil familiarizarse co mundo do fiado.
O noso agradecemento a DO ACIBREIRO pola sua inestimable colaboración e axuda, prestándonos todos os utensilios, cardas, fusos, maquinas de fiar, tambores de cardado e escarpizadores, ademais dos seus saberes.
As nosas grazas a todolos que nos axudaron a transmitir e comunicar as nosas I XORNADAS DE FIADO.
Un verdadeiro pracer contar con tantos y tan bós aprencides a nosa beira, toda unha honra para as fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres poder enseñar e amosar os nosos coñecementos de fiado.
Esperando que fose unha grande e agradable experiencia para os participantes, que aprendesen e disfrutasen tanto ou mais cas fiandeiras;
REPETIREMOS TAN AGRADABLE EXPERIENCIA.

sábado, 10 de enero de 2015

I XORNADAS DE FIADO



16-17 e 18 de Xaneiro. I Xornadas de fiado, a vindeira fin de semana realizaremos unhas xornadas de fiado en Lavandeira, Cabanas, A Coruña.

Dende Cabanas Rural, en colaboración con DO ACIBREIRO, única marca rexistrada en España, que elabora productos para o fiado e que ademais é de Cabanas; organizamos unha fin de semana de fiado. 

Teremos a sorte de poder utilizar os utensilios que DOACIBREIRO elabora para poder desempeñar o proceso do fiado completo. Todos os que participen nas xornadas poderán utilizar a colección de fusos do mundo, a esarmenadora, cardadora de tambor, as maquinas de fiar dun pedal ou de dous pedais, asi coma as de torsión fixa ou torxión variable.


 Unha grande oportutnidade para aprender, coñecer ou descubrir un mundo apasionante dunha arte milenaria que é a do fiado.


As xornadas do fiado darán comenzó o venres 16 de xaneiro e durarán toda a fin de semana, os participantes poderán utilizar fusos, rocas, máquinas de fiar, cardas, cardadora, esacarpizadora… sempre guiados polas fiandeiras de Cabanas Rural e Doacibreiro.com.


As xornadas son abertas a todolos que queiran participar, non é necesario ter coñecementos previos de fiado, xa que amosaremos e explicaremos todo o proeceso polo miudo.


O custe de participación será de 10 euros para os non socios e totalmente gratutito para os soci@s.


 Os materiais que usaremos son doacibreiro.com e de Cabanas Rural, ainda que se alguén dispón dos seus propios tamén os pode traer, sobre todo aqueles que están pola casa e ningúen sabe como funcionan, eses tamén seremos capaces de polos a funcionar.


Rogamos a todolos interesados se inscriban antes do xoves 15, as xornadas celebraranse dentro da aula de Lavandeira, ao lado do Pavillón, sendo o aforo limitado, aqueles que estén interesados pedimos nolo comuniquedes o antes posible ao seguinte teléfono 659620948 ou ben a través do correo electrónico: cabanasrural@gmail.com