sábado, 29 de agosto de 2015

CABANAS RURAL CREATIVA

Coincidindo coa Fia da Lá 2105, realizaremos a exposición dos talleres que se fan ao longo do ano na antiga Escola de Lavandeira, Cabanas.

miércoles, 19 de agosto de 2015

A FIA DA LA 2015

Preparándonos para "A FIA DA LÁ" 2015.

Al igual que en la edición 2014, la idea de este año para esta actividad es reunir al mayor número de hilander@s con la intención de poder intercambiar distintas técnicas, conocimientos y experiencias en la actividad relacionada con el hilado tradicional en España. 

Este año nos gustaría crecer un poco más, haciendo posible que este evento pueda llegar a ser el escaparate de la lana, lino y demas fibras del hilado artesanal y todo lo que tenga relación con el inicio, desarrollo y  finalización de esta actividad en España.

Este año sortearemos una pieza única, diseñada y creada para A FIA DA LÁ 2015, se trata de una máquina de hilar realizada por DO ACIBREIRO, única marca registrada en España que elabora útiles para desarrollar el proceso artesanal del hilado.

Asi que si sabeis darle al huso, a la rueca, a las cardas.... o si  os apetece aprender un poco; sin duda teneis una cita el fin de semana del SÁBADO 12 Y DOMINGO 13 DE SEPTIEMBRE.

Si ya sabes hilar y te apetece participar, avísanos!!!

A vuestra disposición en el correo cabanasrural@gmail.com y en el  tfno 659.620.948.

jueves, 13 de agosto de 2015

ETNOeume 2015



As Fiandeiras de Cabanas Rural participarán por cuarto ano consecutivo.
 
ETNOEume é - baixo o formato dunha feira tradicional- unha actividade dinamizadora da cultura popular que procura amosala, proxectala e poñela en valor nunha XORNADA de participación activa da xente que se achegue este 23 de agosto ata o lugar do Paza onde se ubica a sede central do MUSEO ETNOGRÁFICO da CAPELA

sábado, 8 de agosto de 2015

Presentación A FIA DA LÁ 2015

 Unha mañan trepidante a de onte Venres 7 de Agosto na Praza do Obradoiro, choveu, sufrimos, quentou o sol...ao final unha mañan na que creemos que todolos participantes na Presentación da FIA DA LÁ 2015, se sentiron agusto.
O noso agradecemento:
- ao Concello de Santiago de Compostela, por esa primeira chamada de teléfono onde comenza a presentación da FIA DA LÁ 2015, pola boa acollida, por facelo fácil e sinxelo.
- á Xunta de Galicia pola resposta, polo apoio, pola axuda e colaboración.
- á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, polo bo traballo que estan a realizar, por estar ao noso lado, por camiñar con nós, polo soporte, "sen vós a presentación da FIA DA LÁ 2015, non sería o mesmo".
- ao Concello de Cabanas por acompañarnos.
- á aqueles que non puideron estar con nós, pero que de algún xeito nos fixeron chegar palabras de ánimo.
- á Do Acibreiro, por sorprendernos unha vez máis co seu traballo, por aturarnos tantos anos (ás veces non é nada fácil), por romper a cabeza con nós.
- ás Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres, por un camiño de sete anos, de aprender día a día, de traballar, de rir, de sufrir, de disfrutar, de ensinar...ainda nos queda camiño por andar.


 

lunes, 3 de agosto de 2015

Presentación A FIA DA LÁ 2015


 As Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres​ e Do Acibreiro​ viaxarán este Venres 7 de Agosto a Santiago de Compostela coa fin de presentar A FIA DA LÁ 2015.

A cita será as 12:00 da mañán, dende a Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, con unha duración estimada dunha hora.

Unha peza feita por Do Acibreiro, encargada por Cabanas Rural  é a responsable desta ubicación para a presentación da FIA DA LÁ 2015.

Hai uns meses, cando comenzamos a traballar na FIA DA LÁ 2015, pedimoslle a DO ACIBREIRO que nos fixese unha máquina de fiar temática para sortear o día 12 de Setembro en Lavandeira, Cabanas.

  

A temática na que se inspirou o noso artesán foi no camiño de Santiago, unha peza baseada no camiño de Santiago, una peza que merece ser destapada dende a Praza do Obradoiro, a fin do camiño.

A presentación de A FIA DA LÁ 2015, realizaremola este ano dende a praza do Obradoiro, onde un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural, todas ataviadas co traxe de faena e cargadas dos utensilios para o fiado da lá, farán unha demostración en direto.