lunes, 3 de agosto de 2015

Presentación A FIA DA LÁ 2015


 As Fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres​ e Do Acibreiro​ viaxarán este Venres 7 de Agosto a Santiago de Compostela coa fin de presentar A FIA DA LÁ 2015.

A cita será as 12:00 da mañán, dende a Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, con unha duración estimada dunha hora.

Unha peza feita por Do Acibreiro, encargada por Cabanas Rural  é a responsable desta ubicación para a presentación da FIA DA LÁ 2015.

Hai uns meses, cando comenzamos a traballar na FIA DA LÁ 2015, pedimoslle a DO ACIBREIRO que nos fixese unha máquina de fiar temática para sortear o día 12 de Setembro en Lavandeira, Cabanas.

  

A temática na que se inspirou o noso artesán foi no camiño de Santiago, unha peza baseada no camiño de Santiago, una peza que merece ser destapada dende a Praza do Obradoiro, a fin do camiño.

A presentación de A FIA DA LÁ 2015, realizaremola este ano dende a praza do Obradoiro, onde un grupo de fiandeiras de Cabanas Rural, todas ataviadas co traxe de faena e cargadas dos utensilios para o fiado da lá, farán unha demostración en direto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario