sábado, 21 de julio de 2012

TEATRO SOCIAL


A VIAXE DE ANA (Información sobre o grupo de teatro e a obra representada)

Na escola de Lavandeira, o día 20 de xullo de 2012. A cargo do grupo de teatro "As oprimidas". Dentro do II plan de Igualdade levado a cabo polos Servicios Sociais do Concello de Cabanas en colaboración coa Diputación da Coruña. Esperamos repetir experiencia o ano que ven. Actrices e asistentes quedamos convidados.

Se queredes saber máis deste grupo de teatro podedes buscalo en facebook: GTO.corunha

viernes, 20 de julio de 2012

DIA DO SOCIO 2012

Como o ano pasado organizamos unha pequena celebración adicada aos nosos socios, que apoian coa súa concurrencia tódolos actos e actividades que organizamos. Nesta ocasión quedamos para unha merenda-cea no pavillón de Lavandeira á que asistiron máis de cen socias e socios. O menú a base de callos, boliños preñados e bolas de roxóns para comer. E bola, queixo e café de postre parece que foi do agrado de tódolos asistentes. Os boliños preñados e as bolas de roxóns foron elaborados de maneira artesanal, en forno de leña. Ahí van un par de videos do traballo do forno e algunhas fotos: