domingo, 20 de noviembre de 2016

MERCADO DO NADAL 2016


 
Estamos a argallar o Mercado do Nadal do 2016.
 
Se estas interesado en participar ponte en contacto con nós no teléfono 659.620.948.
 
De luns a sábado a partires das 16:30 horas e ata as 20:30 horas.


martes, 8 de noviembre de 2016

As Fiandeiras viaxan a Sada



As Fiandeiras de Cabanas Rural viaxan a Sada para participar na II FEIRA DE OFICIOS ARTESANS, que se celebra en Sada durante a fin de semana do 11, 12 e 13 de Novembro.


lunes, 7 de noviembre de 2016

O mainzo da Esfolla




Recollendo o mainzo para a Roga da Esfolla, que celebraremos o vindeiro Sábado 19 de Novembro, en Lavandeira, no Pavillón.

jueves, 3 de noviembre de 2016

A Roga da Esfolla

O vindeiro Sábado 19 de Novembro celebramos a Roga da Esfolla por oitavo ano consecutivo. As rogas,eran xuntanzas de persoas para facer un traballo en conxunto, había rogas para a sega, para a malla, a matanza, para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo, para coller nas patacas…Os veciños axudabanse entre si e o pago dos traballos era con traballo. Cando remataban todos os do lugar, xuntabanse para o celebrar.
E iso imos facer, celebralo con zonchos, papas de millo, liscos, un chisco de viño e todo isto acompañado da música dos Silbarda grupo da Asciación de Airiños da Capela.
Teremos pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa... lembrades como se usaban as nateiras?? pois tamén faremos manteiga, ou intentaremolo coas nateiras das avóas.
Asi que se vos apetece lembrar aqueles sabores case esquecidos achegadevós ao pavillón de Lavandeira o vindeiro Sábado 19 de Novembro.
Esperamos que nos acompañedes tod@s!!!!