martes, 24 de marzo de 2015

Viaxe a Portugal 2015


O vindeiro sábado 11 de Abril imos de viaxe a Portugal, como vimos facendo dende hai uns anos, daremos un garbeo por Portugal.

Sairemos cediño pola mañán de Lavandeira e aterrizaremos na feira de Vilanova, onde pasaremos a gran parte da mañán, a comida preparada no Restaurante estará esperando por nós a iso das duas da tarde.

Despois de dar conta das viandas que nos ofrezcan, a tarde marchará tranquilamente pola Fortaleza.

A iso do solpor voltaremos cara a Lavandeira.

domingo, 22 de marzo de 2015

Comida de Aniversario 2015

"Rafaella ma io non sono, ma mi aspetto molto, ehhhh"

Celebramos o 7º Aniversario de Cabanas Rural Asociación de Mulleres nun dos Restaurantes da nosa zona, a comida a que toca nas festas: Callos, carne asada e bola, "de toda la vida".
Aos que nos acompañaron un ano mais, grazas por estar con nos, por disfrutar das actividades que organizamos con moito esforzo, ledicia e agarimo para vós.
Este ano tivemos unha convidada moi especial, Rafaella Carra, que nos adicou unhas palabras... despois un grupo de bailarinas moveronse ao ritmo das suas coreografias, teño que dicir, que esta que escribe habitualmente por estes lares, sintese moi pero, que moi orgullosa, das "miñas sras", ASI SE FAI, si señor.
Disfrutamos todos, rimos a esgallo, bailamos, cantamos...
A diversión esta garantizada ca equipa directiva  de Cabanas Rural, un grupo de traballo excepcional.
Asi que so nos resta dicir: "para el año más y mejor".

GRAZAS A TODOSSSSS!!!!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

Comida de Aniversario 2015



7º ANIVERSARIO CABANAS RURAL

 
Chegamos ó Cumpreanos de CABANAS RURAL, van sete anos,  facemolo cunha comida, na que tentaremos arrincar unhos poucos sorrisos.


As persoas que desexen apuntarse para a Comida do 7º ANIVERSARIO, poderano facer a través do tfno 659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.