domingo, 22 de marzo de 2015

Comida de Aniversario 2015

"Rafaella ma io non sono, ma mi aspetto molto, ehhhh"

Celebramos o 7º Aniversario de Cabanas Rural Asociación de Mulleres nun dos Restaurantes da nosa zona, a comida a que toca nas festas: Callos, carne asada e bola, "de toda la vida".
Aos que nos acompañaron un ano mais, grazas por estar con nos, por disfrutar das actividades que organizamos con moito esforzo, ledicia e agarimo para vós.
Este ano tivemos unha convidada moi especial, Rafaella Carra, que nos adicou unhas palabras... despois un grupo de bailarinas moveronse ao ritmo das suas coreografias, teño que dicir, que esta que escribe habitualmente por estes lares, sintese moi pero, que moi orgullosa, das "miñas sras", ASI SE FAI, si señor.
Disfrutamos todos, rimos a esgallo, bailamos, cantamos...
A diversión esta garantizada ca equipa directiva  de Cabanas Rural, un grupo de traballo excepcional.
Asi que so nos resta dicir: "para el año más y mejor".

GRAZAS A TODOSSSSS!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario