martes, 11 de diciembre de 2012

jueves, 6 de diciembre de 2012

I MERCADO DE NADAL


Poderedes encontrar traballos de patchwork, manualidades, artesanía en fieltro, bonecas, bisuteria, productos do campo, artesanía en madeira, etc
Ás cinco da tarde e coincidindo con este mercado de Nadal, o Apalpador virá a visitarnos na Escola de LAVANDEIRA onde os nenos recibirán un pequeno agasallo.
Animádevos a participar e a visitarnos.

martes, 20 de noviembre de 2012

Empezamos a cestear

Dende hoxe, e durante tres martes mais, na escola de Lavandeira, tentaremos aprender a facer cestos, o mestre sera Francisco Romero Sueiras.





domingo, 11 de noviembre de 2012

MENCIÓN ASOCIACIÓN CONXEITO

A Asociación cultural Conxeito de Narón entregounos unha mención especial en recñecemento á nosa labor solcial e de recuperación e conservación do patrimonio inmaterial. Se queredes saber máis desta asociación pinchade no enlace a continuación. http://blog-conxeito.blogspot.com.es

domingo, 28 de octubre de 2012

Esfolla 2012

Como en anos anteriores esfollamos un remolque de millo. Moitos avós achegáronse cos netos para que viran o que e o millo e o que se fai con el despois de apañalo na leira.
Da parte musical encargouse o grupo «Lume na lareira».
De preparar a merenda, as de sempre, ainda que nesta ocasión colaboraron á parrilla Manuel Ángel, Raúl, Antonio e algún máis que se achegou por ali  ao sentir o cheiro do fume.
Asi é que merendamos, os que quixeron bailaron, sorteamos.....
E coma sempre agradecer a asistencia e a colaboración.

ALGUNHAS FOTOS ESTÁN A CONTINUACIÓN PERO NON VOS PERDADES O ALBÚM COMPLETO QUE FIXO JOSÉ JUAN RODRIGUEZ MEIZOSO PINCHANDO NO ENLACE QUE APARECE AO FINAL.




ALBÚM ESFOLLA 2012

martes, 16 de octubre de 2012

FEIRA DO QUEIXO E DO MEL EN SAN MARTIÑO DE GOENTE O 14 DE OUTUBRO

Alí estivemos pasando frío, sobre todo as que pasaron todo o día. Pero pasámolo ben, moi agradecidas á organización polo bo trato recibido, o ano que ven volvemos. Se queredes cotillear ahí van algunhas fotiños.


viernes, 24 de agosto de 2012

CONCURSO DE RECEITAS CON REQUEIXO

A Asociación de mulleres Cabanas Rural tamén participou no concurso de recetas con requeixo, con dous pratos, un salgado: Tarta de hojaldre con calabacín e requeixo e tarta de castañas e requeixo, a ver se as identificades entre todas as demáis. Se queredes ver máis visitade a páxina do concello da Capela pinchando aquí.http://www.concellodacapela.es/paxinas/posts/xxiv-festa-do-requeixo106.php
Para tódolos participantes, un agasallo

I EDICIÓN DA FEIRA ETNOEUME

Alí estivemos , cos traxes novos e coa demostración da fia. Nesta ocasión estiveron ao noso carón Lidia de Cabanas coas suas cousiñas feitas á man ( diademas, pendentes, camisetas, pulseiras, etc, etc) E Fernanda dos Xicos que vendeu un lote de bolsos de trapilho. Unha feira moi bonita, con sabor a tradición, moi concurrida, sobre todo pola tarde.
Había cousas sinxelas para ver e para mercar: zocas, sellas, pan, empanadas, licores...
Musica de zanfoña e gaitas.
Agradecer á organización o esforzo realizado e a cortesía coa que trataron a tódolos colaboradores e participantes.
Mención especial para os xogos infantís cos que os rapaces disfrutaron ó longo de todo o día.

Ahí van unhas fotiños, que sempre gusta velas, os que  non foron, por ver, e aos que fomos, para lembrar.

sábado, 18 de agosto de 2012

PRESENTACIÓN DOS TRAXES DE FAENA



Presentamos os traxes de faena das fiandeiras cunha sesión de fotos. Agradecer a José Juan González Meizoso a gran cantidade e calidade de fotos realizadas. Fixo máis de oitenta fotos, non teñen desperdicio, intentaremos expoñelas dalgunha maneira para as que no poidan velas  a través de internet e tamén para os que queremos conservar a tradición de gardar as fotos en papel.
Irei poñendo algunha máis para que vexades que bonitas están.





sábado, 4 de agosto de 2012

LAVANDO A LÁ 2012

O xoves día 2 de agosto lavamos a lá que necesitamos para fiar na feira do próximo domingo 19 na Capela. Lavamos durante catro horas no río da Rúa. Seguramente terermos que volver a lavar máis para a festa da fía que probablemente será a última fin de semana de setembro.

sábado, 21 de julio de 2012

TEATRO SOCIAL


A VIAXE DE ANA (Información sobre o grupo de teatro e a obra representada)

Na escola de Lavandeira, o día 20 de xullo de 2012. A cargo do grupo de teatro "As oprimidas". Dentro do II plan de Igualdade levado a cabo polos Servicios Sociais do Concello de Cabanas en colaboración coa Diputación da Coruña. Esperamos repetir experiencia o ano que ven. Actrices e asistentes quedamos convidados.

Se queredes saber máis deste grupo de teatro podedes buscalo en facebook: GTO.corunha