Presentamos os traxes de faena das fiandeiras cunha sesión de fotos. Agradecer a José Juan González Meizoso a gran cantidade e calidade de fotos realizadas. Fixo máis de oitenta fotos, non teñen desperdicio, intentaremos expoñelas dalgunha maneira para as que no poidan velas a través de internet e tamén para os que queremos conservar a tradición de gardar as fotos en papel.
Irei poñendo algunha máis para que vexades que bonitas están.
No hay comentarios:
Publicar un comentario