martes, 17 de junio de 2014

Viaxe a Tuña-Tineo-Asturias




O vindeiro Sábado 5 de Xullo, viaxamos a Asturias. As fiandeiras de Cabanas Rural Asociación de Mulleres participan por segundo ano consecutivo en el FESTIVAL DE LA LANA.

domingo, 8 de junio de 2014

Tarde Solidaria: Un grande éxito compartido

Vimos de celebrar a nosa Tarde Solidaria en Lavandeira, un ano mais recadamos fondos para contribuir co magnifico traballo que ven realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 millorando a calidade de vida dos usuarios e das suas familias.

A TARDE SOLIDARIA foi ideada con moito agarimo, ilusión, esmero, esforzo e moitas ganas de que os que compartiron esta tarde con nós pasaran un rato mais que agradable.
A tod@s os que decidistedes acompañarnos nesta xornada, GRACIAS.
Afal Ferrolterra, grazas a por abrirnos as portas da vosa casa, por acollernos e medrar con nós, GRACIAS.
Fusion Dance grazas por estar sempre dispostos, por contar con esos grandes bailarines que estades a crear, xa que hoxe pese ao son, souberon facelo estupendamente, GRACIAS.
O noso agradecemento vai agora para todos os bailarins, grandes e pequenos, asi coma aos pais e nais, ou aquelas persoas que fixeron posible que hoxe estiveran en bailando en Lavandeira con nós, GRACIAS.
Non debemos esquecer aos cuarentunos... seguimos con capa, ainda que pasen os anos, GRACIAS.
Gustarianos nombrar un por un a tod@s os que nos axudaron a cubrir as diferentes necesidades para a celebración desta tarde solidaria, non o faremos porque sodes moit@s, e non queremos esquecer a ninguén, colaboran con nós grandes e pequenas empresas, persoas, entidades,… , GRACIAS.
Dende Cabanas Rural Asociación de Mulleres so nos resta volver a agradecer a todos e cada un dos que fixeron posible que A TARDE SOLIDARIA sexa unha realidade, gracias por vir, sorrir, traballar, axudar, colaborar, participar.....

domingo, 1 de junio de 2014

Tarde Solidaria


Un ano mais, e van 5, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria. 

Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven  realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.

 Serán os usuarios do centro de día de AFAL Ferrolterra os encargados de inaugurar o programa da xornada xunto coas persoas que participan no taller de manualidades.Conxuntamente, realizarán un cuadro. 

E, para animar a tarde, tamen soará a música da tuna. 
Está prevista a actuación dos alumn@s da academia de baile Fusion Dance de Fene, que ofrecerán aos asistentes un espectáculo no que non faltarán nin o hip hop nin o baile deportivo e moderno.

Merendaremos, bailaremos, cantaremos ... disfrutaremos dunha tarde en moi boa compaña.