Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.
Serán os usuarios do centro de día de AFAL Ferrolterra os encargados de inaugurar o programa da xornada xunto coas persoas que participan no taller de manualidades.Conxuntamente, realizarán un cuadro.
E, para animar a tarde, tamen soará a música da tuna.
Está prevista a actuación dos alumn@s da academia de baile Fusion Dance de Fene, que ofrecerán aos asistentes un espectáculo no que non faltarán nin o hip hop nin o baile deportivo e moderno.
Merendaremos, bailaremos, cantaremos ... disfrutaremos dunha tarde en moi boa compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario