jueves, 26 de enero de 2017

Viaxe das Fiandeiras A Coruña






Un grupo de Fiandeiras de Cabanas Rural viaxan a Coruña para realizar unha demostración do proceso de fiado durante o encontro multilabores Terra Meiga.

domingo, 8 de enero de 2017

III Xornadas de Fiado Cabanas Rural

Dende Cabanas Rural, en colaboración con Do Acibreiro , preparamos as III XORNADAS DE FIADO ARTESANAL, unha grande oportunidade para aprender, coñecer ou descubrir un mundo apaixoante dunha arte milenaria que é a do fiado.

As xornadas son abertas a todolos que queiran participar, non é necesario ter coñecementos previos de fiado, xa que amosaremos e explicaremos todo o proceso polo miudo.


Os materiais que usaremos serán prestados por Do Acibreiro e Cabanas Rural, ainda que se alguén dispón dos seus propios tamén os pode traer, sobre todo aqueles que están pola casa e ninguén sabe como funcionan, eses tamén intentaremos ser capaces de polos a funcionar.


Celebraremolas dentro da aula de Lavandeira, ao lado do Pavillón, sendo o aforo limitado, aqueles que estén interesados en participar, rogamos nolo fagades saber o antes posible. Poderedes obter mais información no teléfono 659.620.948 ou ben a través do correo electrónico: cabanasrural@gmail.com.

III Xornadas de Fiado Cabanas Rural

Dende Cabanas Rural, en colaboración con Do Acibreiro , preparamos as IIIXORNADAS DE FIADO ARTESANAL, unha grande oportunidade para aprender, coñecer ou descubrir un mundo apaixoante dunha arte milenaria que é a do fiado.

As xornadas son abertas a todolos que queiran participar, non é necesario ter coñecementos previos de fiado, xa que amosaremos e explicaremos todo o proceso polo miudo.


Os materiais que usaremos serán prestados por Do Acibreiro e Cabanas Rural, ainda que se alguén dispón dos seus propios tamén os pode traer, sobre todo aqueles que están pola casa e ninguén sabe como funcionan, eses tamén intentaremos ser capaces de polos a funcionar.


Celebraremolas dentro da aula de Lavandeira, ao lado do Pavillón, sendo o aforo limitado, aqueles que estén interesados en participar, rogamos nolo fagades saber o antes posible. Poderedes obter mais información no teléfono 659.620.948 ou ben a través do correo electrónico: cabanasrural@gmail.com.

martes, 3 de enero de 2017

Calendario previsto para o 2017

Este é o calendario que temos previsto de Actividades que organizamos dende Cabanas Rural e que celebraremos en Lavandeira, Cabanas ao longo do 2017, algunha data pode sufrir variación.
Non aparecen neste calendario as viaxes das Fiandeiras de Cabanas Rural, das que iremos dando conta cando saibamos e teñamos confirmación de datas e lugares dos eventos nos que participarán.