domingo, 8 de enero de 2017

III Xornadas de Fiado Cabanas Rural

Dende Cabanas Rural, en colaboración con Do Acibreiro , preparamos as III XORNADAS DE FIADO ARTESANAL, unha grande oportunidade para aprender, coñecer ou descubrir un mundo apaixoante dunha arte milenaria que é a do fiado.

As xornadas son abertas a todolos que queiran participar, non é necesario ter coñecementos previos de fiado, xa que amosaremos e explicaremos todo o proceso polo miudo.


Os materiais que usaremos serán prestados por Do Acibreiro e Cabanas Rural, ainda que se alguén dispón dos seus propios tamén os pode traer, sobre todo aqueles que están pola casa e ninguén sabe como funcionan, eses tamén intentaremos ser capaces de polos a funcionar.


Celebraremolas dentro da aula de Lavandeira, ao lado do Pavillón, sendo o aforo limitado, aqueles que estén interesados en participar, rogamos nolo fagades saber o antes posible. Poderedes obter mais información no teléfono 659.620.948 ou ben a través do correo electrónico: cabanasrural@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario