domingo, 20 de julio de 2014

Merenda do Socio 2014

 
Participaron na merenda do soci@ deste ano 156 persoas ... Grazas a tod@s por compartir esta tarde de diversión con nós.

Unha tarde creada con moito mimo para os nosos soci@s, unha tarde fantástica, boa compaña, boa comida, boa música, ganas de pasalo ben... 

Grande esforzo por parte do grupo de persoas que fixeron 466 boliños preñados, 25 bolas de rexóns no forno de leña, chegamos aos 40º !!!!... algun kiliño baixariamos...que ricos estaban!!!

Os Atrevidos, encargáronse de poñer o ritmo musical á merenda, conseguindo un son fantástico dentro do pavillón.
 
Até o 2015!!!
 

viernes, 11 de julio de 2014

A Fia de Insua


O vindeiro Domingo 20 de Xullo as Fiandeiras de Cabanas Rural participan na Fia de Insua, que organizan por segundo ano consecutivo a Asociación de Mulleres de San Bartoleme de Insua.

miércoles, 9 de julio de 2014

Merenda homenaxe ao soci@



E chega o Dia do Soci@!!!!
O vindeiro sábado 19 de Xullo, a partires das 19:00 horas, disfrutaremos, por 5º ano consecutivo, dunha tarde adicada aos que consideramos os verdadeiros protagonistas de Cabanas Rural: Os Soci@s.
Para eles encendemos os fornos de leña, quentamos, amasamos e cocemos; como resultado obtemos uns bolos preñados, unhas deliciosas bolas de rexóns, acompañado de xamón e cachelos. Claro que tampouco faltarán os postres, o viño e a música que ven da mán de"Os Atrevidos".
Confiamos en que os protagonistas da tarde traian moitas ganas de pasalo ben!!!!!!