domingo, 29 de noviembre de 2015

MERCADO DO NADAL 2015


Se estas interesado en participar no Mercado do Nadal do 2015 ponte en contacto con nós no teléfono 659.620.948 a partires das 16:30 horas.



domingo, 1 de noviembre de 2015

A Roga de Esfolla 2015


O vindeiro Domingo 22 de Novembro celebramos a Roga da Esfolla por setimo ano consecutivo. As rogas,eran xuntanzas de persoas para facer un traballo en conxunto, había rogas para a sega, para a malla, a matanza, para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo, para coller nas patacas…Os veciños axudabanse entre si e o pago dos traballos era con traballo. Cando remataban todos os do lugar, xuntabanse para o celebrar.
E iso imos facer, celebralo con zonchos, papas de millo, liscos, un chisco de viño e todo isto acompañado da música dos Silbarda e das Cantareiras de Airiños da Capela.
Teremos pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa... lembrades como se usaban as nateiras?? pois tamén faremos manteiga, ou intentaremolo coas nateiras das avóas.
Asi que se vos apetece lembrar aqueles sabores case esquecidos achegadevós ao pavillón de Lavandeira o vindeiro 22 de Novembro.
Esperamos que nos acompañedes tod@s!!!!