domingo, 28 de octubre de 2012

Esfolla 2012

Como en anos anteriores esfollamos un remolque de millo. Moitos avós achegáronse cos netos para que viran o que e o millo e o que se fai con el despois de apañalo na leira.
Da parte musical encargouse o grupo «Lume na lareira».
De preparar a merenda, as de sempre, ainda que nesta ocasión colaboraron á parrilla Manuel Ángel, Raúl, Antonio e algún máis que se achegou por ali  ao sentir o cheiro do fume.
Asi é que merendamos, os que quixeron bailaron, sorteamos.....
E coma sempre agradecer a asistencia e a colaboración.

ALGUNHAS FOTOS ESTÁN A CONTINUACIÓN PERO NON VOS PERDADES O ALBÚM COMPLETO QUE FIXO JOSÉ JUAN RODRIGUEZ MEIZOSO PINCHANDO NO ENLACE QUE APARECE AO FINAL.




ALBÚM ESFOLLA 2012

martes, 16 de octubre de 2012

FEIRA DO QUEIXO E DO MEL EN SAN MARTIÑO DE GOENTE O 14 DE OUTUBRO

Alí estivemos pasando frío, sobre todo as que pasaron todo o día. Pero pasámolo ben, moi agradecidas á organización polo bo trato recibido, o ano que ven volvemos. Se queredes cotillear ahí van algunhas fotiños.