domingo, 28 de julio de 2013

A MERENDA DO DÍA DO SOCIO


O día 20 de xullo celebramos no pavillón de Lavandeira a merenda do día do socio.

O menú foi o acostumado para este día: boliños preñados e bolas de roxóns, ainda que nesta ocasión introducimos unha variante: o xamón cocido con patacas, elaborado polo Cáterin Ferrolterra e do agrado de tódolos comensales.
Pola mañá colocamos o pavillón e a partir da unha empezamos a amasar e cocer... e ata as sete da tarde, que tivemos todo preparado para levar para Lavandeira.
Alí degustamos todos estes pratos na compaña de moitos dos nosos socios e socias, animados polo grupo musical A CULPA FOI DE LOLO.

Deixovos algunhas fotos da faena da cocedura, cando teña as da festa, tamén as poñerei.