viernes, 24 de agosto de 2012

I EDICIÓN DA FEIRA ETNOEUME

Alí estivemos , cos traxes novos e coa demostración da fia. Nesta ocasión estiveron ao noso carón Lidia de Cabanas coas suas cousiñas feitas á man ( diademas, pendentes, camisetas, pulseiras, etc, etc) E Fernanda dos Xicos que vendeu un lote de bolsos de trapilho. Unha feira moi bonita, con sabor a tradición, moi concurrida, sobre todo pola tarde.
Había cousas sinxelas para ver e para mercar: zocas, sellas, pan, empanadas, licores...
Musica de zanfoña e gaitas.
Agradecer á organización o esforzo realizado e a cortesía coa que trataron a tódolos colaboradores e participantes.
Mención especial para os xogos infantís cos que os rapaces disfrutaron ó longo de todo o día.

Ahí van unhas fotiños, que sempre gusta velas, os que  non foron, por ver, e aos que fomos, para lembrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario