Hoxe, domingo dia 14 de agosto xuntámonos no noso local de Lavandeira para oganizar as próximas actividades.
Empezamos pola fía. Temos que ir preparando a materia prima. As ovellas xa están rapadas e ahora temos que lavar a lá. Facerémolo o día 18 pola tarde.
En SETEMBRO o día 2 montaremos a exposición dos traballos realizados durante todo o ano nos talleres de bolillos, bordado e manualidades impartidos no noso local, en Lavandeira. Ahí van algúns exemplos dos traballos de manualidades que poderedes atopar.
máis
As últimas para hoxe son obras de Begoña e de Laura, unha compañeira que ven as clases de manualidades dende Paderne.
A semana do 12 ao 18 de setembro polas tardes organizaremos un taller para aprender a fiar. Poden apuntarse tódalas socias e socios que queiran aprender.
E como sempre empezamos por unha cousa e acabamos intercambiando recetas de cociña, nesta ocasión a conta de falar da merenda da fia quedamos en facer bizcochada para tomar co chocolate, e por si acaso Mari refrescounos a receita:
1 docena de ovos
1/2 K. de azúcar
1/4 de fariña
raspadura de limón
Batir as yemas co azúcar, montar aparte as claras a punto de neve. Mezclar con coidado as claras coas yemas e despois engadir tamén removendo con coidado, non batindo a fariña.
Quentar o forno a 200º e cando metamos a bizcochada baixalo a 170º-180º. Cocer aproximadamente de 30 a 40 minutos.
Outra das básicas, bizcoito de aceite, leite e anís de Marujita da Pedra do Couto. Se estabades intrigad@s en saber como a facía, ahí vai a receita:
6 ovos
3 vasos (de 1/4 de l). de azúcar
3 vasos de fariña
raspadura de limón
2 sobres de levadura
1 vaso de leite
1 vaso de aceite
unha pisca de sal.
Batir todo xunto, eso é. Todo xunto!!!!
Quentar o forno a 200º, baixar a 170ª ao meter o biscoito no forno.
Cocer 50 minutos máis ou menos.
Recién saida do forno, rociar con anís e espolvorear con azúcar.
Os que a tedes probado xa sabedes que está deliciosa, e os que ainda non a probastes intentade facela.
E esto foi o que deu de si a reunión, non estivo mal, a verdade é que ainda falamos de moitas outras cousas, eramos toda mulleres, si. ( contas, a cociña para o local, sillas novas, a data da esfolla, consellos de manualidades e outras consideracions..
No hay comentarios:
Publicar un comentario