Un ano mais, e van 6, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria.
Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co traballo que ven realizando a Asociación de Familiares de
Enfermos de Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997
para millorar a calidade de vida dos enfermos e das familias.
Serán
os usuarios do centro de día de AFAL Ferrolterra os encargados de realizar un cadro xunto coas persoas que participan no
taller de manualidades.
E, para animar a tarde, tamen
soará a música da tuna.
Está prevista a actuación dos alumn@s da academia de baile Fusion
Dance de Fene, que ofrecerán aos asistentes un espectáculo no que
non faltarán nin o hip hop nin o baile deportivo e moderno.
Merendaremos, bailaremos, cantaremos ... disfrutaremos dunha tarde en moi boa compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario