Un grupo de fiandeiras ensinaron e amosaron o xeito de traballar a
lá. Uns minutos de charla cos rapaces, un video ilustrativo de todo o proceso
creado por Cabanas Rural, fusos, lá, maquinas de fiar e fiandeiras correron
polo Ies Sofia Casanova.
Comenzamos
a nosa andaina presentándonos, da mán das mestras do Instituto, explicando polo
miudo e dun xeito atractivo o proceso do fiado,
as ovellas é o seu sentido dentro do eido do rural.
As fiandeiras
de Cabanas Rural, escarpizaron, cardaron, fiaron, bolillaron, bordaron,
calcetaron e ganchillaron para e con os rapaces.
A parte teórica foi resumida nuns poucos
minutos para deixar paso a actividade do proceso do fiado en directo, asi os
rapaces:
-
Puideron
escarpizar, cardar e fiar.
-
Puideron
tocar lá recen lavada, lá escarpizada, lá cardada e lá fiada.
-
Puideron
ver que, a mais de mercar tamén se pode facer.
-
Puideron
ver como fiamos co fuso galego
- Puideron
ver como fian noutras partes do mundo, grazas a colección de fusos do mundo que
temos do noso artesán DO Acibreiro.
Unha
iniciativa que nos permite achegar aos mais novos un chisco de sabiduría dos
avós, dos nosos antergos que se foi transmitindo xeración tras xeración e que case estaba esquecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario