viernes, 24 de agosto de 2012

CONCURSO DE RECEITAS CON REQUEIXO

A Asociación de mulleres Cabanas Rural tamén participou no concurso de recetas con requeixo, con dous pratos, un salgado: Tarta de hojaldre con calabacín e requeixo e tarta de castañas e requeixo, a ver se as identificades entre todas as demáis. Se queredes ver máis visitade a páxina do concello da Capela pinchando aquí.http://www.concellodacapela.es/paxinas/posts/xxiv-festa-do-requeixo106.php
Para tódolos participantes, un agasallo

I EDICIÓN DA FEIRA ETNOEUME

Alí estivemos , cos traxes novos e coa demostración da fia. Nesta ocasión estiveron ao noso carón Lidia de Cabanas coas suas cousiñas feitas á man ( diademas, pendentes, camisetas, pulseiras, etc, etc) E Fernanda dos Xicos que vendeu un lote de bolsos de trapilho. Unha feira moi bonita, con sabor a tradición, moi concurrida, sobre todo pola tarde.
Había cousas sinxelas para ver e para mercar: zocas, sellas, pan, empanadas, licores...
Musica de zanfoña e gaitas.
Agradecer á organización o esforzo realizado e a cortesía coa que trataron a tódolos colaboradores e participantes.
Mención especial para os xogos infantís cos que os rapaces disfrutaron ó longo de todo o día.

Ahí van unhas fotiños, que sempre gusta velas, os que  non foron, por ver, e aos que fomos, para lembrar.

sábado, 18 de agosto de 2012

PRESENTACIÓN DOS TRAXES DE FAENA



Presentamos os traxes de faena das fiandeiras cunha sesión de fotos. Agradecer a José Juan González Meizoso a gran cantidade e calidade de fotos realizadas. Fixo máis de oitenta fotos, non teñen desperdicio, intentaremos expoñelas dalgunha maneira para as que no poidan velas  a través de internet e tamén para os que queremos conservar a tradición de gardar as fotos en papel.
Irei poñendo algunha máis para que vexades que bonitas están.





sábado, 4 de agosto de 2012

LAVANDO A LÁ 2012

O xoves día 2 de agosto lavamos a lá que necesitamos para fiar na feira do próximo domingo 19 na Capela. Lavamos durante catro horas no río da Rúa. Seguramente terermos que volver a lavar máis para a festa da fía que probablemente será a última fin de semana de setembro.