lunes, 17 de diciembre de 2012
martes, 11 de diciembre de 2012
Imos avanzando cos cestos
Pouco a pouco van saindo algunhas cousas, algunhas ben parecidas a cestos, non si?
jueves, 6 de diciembre de 2012
I MERCADO DE NADAL
Poderedes encontrar traballos de patchwork, manualidades, artesanía en fieltro, bonecas, bisuteria, productos do campo, artesanía en madeira, etc
Ás cinco da tarde e coincidindo con este mercado de Nadal, o Apalpador virá a visitarnos na Escola de LAVANDEIRA onde os nenos recibirán un pequeno agasallo.
Animádevos a participar e a visitarnos.
martes, 20 de noviembre de 2012
Empezamos a cestear
Dende hoxe, e durante tres martes mais, na escola de Lavandeira, tentaremos aprender a facer cestos, o mestre sera Francisco Romero Sueiras.
domingo, 11 de noviembre de 2012
MENCIÓN ASOCIACIÓN CONXEITO
A Asociación cultural Conxeito de Narón entregounos unha mención especial en recñecemento á nosa labor solcial e de recuperación e conservación do patrimonio inmaterial.
Se queredes saber máis desta asociación pinchade no enlace a continuación.
http://blog-conxeito.blogspot.com.es
domingo, 28 de octubre de 2012
Esfolla 2012

Da parte musical encargouse o grupo «Lume na lareira».
De preparar a merenda, as de sempre, ainda que nesta ocasión colaboraron á parrilla Manuel Ángel, Raúl, Antonio e algún máis que se achegou por ali ao sentir o cheiro do fume.
Asi é que merendamos, os que quixeron bailaron, sorteamos.....
E coma sempre agradecer a asistencia e a colaboración.
ALGUNHAS FOTOS ESTÁN A CONTINUACIÓN PERO NON VOS PERDADES O ALBÚM COMPLETO QUE FIXO JOSÉ JUAN RODRIGUEZ MEIZOSO PINCHANDO NO ENLACE QUE APARECE AO FINAL.

martes, 16 de octubre de 2012
FEIRA DO QUEIXO E DO MEL EN SAN MARTIÑO DE GOENTE O 14 DE OUTUBRO
Alí estivemos pasando frío, sobre todo as que pasaron todo o día. Pero pasámolo ben, moi agradecidas á organización polo bo trato recibido, o ano que ven volvemos. Se queredes cotillear ahí van algunhas fotiños.
miércoles, 26 de septiembre de 2012
viernes, 14 de septiembre de 2012
martes, 28 de agosto de 2012
viernes, 24 de agosto de 2012
CONCURSO DE RECEITAS CON REQUEIXO
A Asociación de mulleres Cabanas Rural tamén participou no concurso de recetas con requeixo, con dous pratos, un salgado: Tarta de hojaldre con calabacín e requeixo e tarta de castañas e requeixo, a ver se as identificades entre todas as demáis.
Se queredes ver máis visitade a páxina do concello da Capela pinchando aquí.http://www.concellodacapela.es/paxinas/posts/xxiv-festa-do-requeixo106.php
Para tódolos participantes, un agasallo
Para tódolos participantes, un agasallo
I EDICIÓN DA FEIRA ETNOEUME
Alí estivemos , cos traxes novos e coa demostración da fia. Nesta ocasión estiveron ao noso carón Lidia de Cabanas coas suas cousiñas feitas á man ( diademas, pendentes, camisetas, pulseiras, etc, etc) E Fernanda dos Xicos que vendeu un lote de bolsos de trapilho. Unha feira moi bonita, con sabor a tradición, moi concurrida, sobre todo pola tarde.
Había cousas sinxelas para ver e para mercar: zocas, sellas, pan, empanadas, licores...
Musica de zanfoña e gaitas.
Agradecer á organización o esforzo realizado e a cortesía coa que trataron a tódolos colaboradores e participantes.
Mención especial para os xogos infantís cos que os rapaces disfrutaron ó longo de todo o día.
Ahí van unhas fotiños, que sempre gusta velas, os que non foron, por ver, e aos que fomos, para lembrar.
Había cousas sinxelas para ver e para mercar: zocas, sellas, pan, empanadas, licores...
Musica de zanfoña e gaitas.
Agradecer á organización o esforzo realizado e a cortesía coa que trataron a tódolos colaboradores e participantes.
Mención especial para os xogos infantís cos que os rapaces disfrutaron ó longo de todo o día.
Ahí van unhas fotiños, que sempre gusta velas, os que non foron, por ver, e aos que fomos, para lembrar.
sábado, 18 de agosto de 2012
PRESENTACIÓN DOS TRAXES DE FAENA
Presentamos os traxes de faena das fiandeiras cunha sesión de fotos. Agradecer a José Juan González Meizoso a gran cantidade e calidade de fotos realizadas. Fixo máis de oitenta fotos, non teñen desperdicio, intentaremos expoñelas dalgunha maneira para as que no poidan velas a través de internet e tamén para os que queremos conservar a tradición de gardar as fotos en papel.
Irei poñendo algunha máis para que vexades que bonitas están.
sábado, 4 de agosto de 2012
LAVANDO A LÁ 2012
sábado, 21 de julio de 2012
TEATRO SOCIAL
A VIAXE DE ANA (Información sobre o grupo de teatro e a obra representada)
Na escola de Lavandeira, o día 20 de xullo de 2012. A cargo do grupo de teatro "As oprimidas". Dentro do II plan de Igualdade levado a cabo polos Servicios Sociais do Concello de Cabanas en colaboración coa Diputación da Coruña. Esperamos repetir experiencia o ano que ven. Actrices e asistentes quedamos convidados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)