CABANAS
RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro SÁBADO 18 de Febreiro por noveno ano consecutivo este goloso concurso.
Organizamos a novena edición do concurso de postres LARPEIRADAS, no pavillón de Lavandeira, Cabanas. As bases son similares ás das
edicións anteriores.
As persoas que
desexen inscribirse no IX LARPEIRADAS, poderano facer a través do tfno
659.620.948 en horário de 16,30 a 20:00 horas ou ben a
través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.
A recepción dos postres
farase a partir das 16:00 horas da tarde e ate as 17:00 horas, o SABADO 18 de
Febreiro, dentro do pavillón; unha vez o rexistro se de por pechado, os
membros do xurado procederán a facer a súa labor valorando cada un dos pratos presentados a concurso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario