domingo, 30 de marzo de 2014

Aniversario Cabanas Rural 2014

Momento da queimada
 Celebramos a comida Aniversario de Cabanas Rural Asociación de Mulleres o sábado 29 de Marzo.

Xuntámonos 125 soci@s e amig@s, disfrutamos dun día animado no que contamos coa presenza duns Village People mais novos e moito mais guapos, que comezaron poñendolle un chisco de movimento e moitos sorrisos á tarde.

Contamos coa colaboración de Sito Sedes que puxo un chisco mais ritmo coa sua impresionante voz, fixo que as memorias de alguns dos presentes se puxesen a funcionar, facendo que viaxaran a un tempo fermoso e preciado das súas vidas,   MOITAS GRAZAS POR ESTE AGASALLO SITO.

A CULPA FOI DE LOLO fixo cantar, bailar e disfrutar a todolos asistentens ao Aniversario de Cabanas Rural.
A queimada e o seu conxuro tamén tivo algo de protagonismo neste día, pensamos que para repetir en próximos eventos.
Dende Cabanas Rural so nos queda dicir aquilo que Lina Morgan cantaba tan ben:
"Agradecida y emocionada ... solamente puedo decir... GRACIAS POR VENIR"

No hay comentarios:

Publicar un comentario