miércoles, 26 de febrero de 2014

Para Elisa Sábado 1 de Marzo

E van 6,  seis meses da desaparición dunha das nosas veciñas, co resultado final que todos coñecemos, a  morte con signos de violencia de Elisa María Abruñedo.
 Feito que causou en todos nos tristeza, estupor, rabia, desconcerto … propios e extraños quedamos sen fala, sen alento ao pensar que á beira das nosas casas, un lugar maravilloso e fermoso onde a paz e tranquilidade so se rompe polo asubiar do vento, poidese ter acontencido un suceso desta índole.
Non esquecemos, ainda que gardemos silencio, motivado polo profundo respeto ao traballo de investigación que entendemos se esta a levar a cabo,  asi como polos familiares e achegados mais intimos de Elisa.
Pedimos, dende Cabanas Rural Asociación de Mulleres, que por favor, os equipos que están a levar a cabo estas pesquisas sigan a emplear a mesma enerxia, as mesmas forzas, que dende o primeiro momento adicaron a este caso.
É para nós, Cabanas Rural coma asociación de Mulleres, unha obriga moral convocar unha vez mais un acto de silencio en repulsa pola morte violenta da nosa veciña,  acompañadas das reflexións que apreciamos nos que nos rodean  persoas, asociacións, entidades, institucións, … deste concello e dos concellos limítrofes.
Isto fai que teñamos a necesidade de expresar un sentir común, por esta razón, emplazamos a todalas persoas que nos queiran acompañar a unha nova concentración, para o vindeiro sábado 1 de Marzo as 17,00 horas no pavillón de Lavandeira, Cabanas. Unha cita, unha cita que creemos é importante para non abandoar a memoria de Elisa.
O vindeiro sábado 1 de Marzo as 17,00, convidamos a unha concentración en silencio. Silencio que romperemos a través do son da música que nos transportará a un mundo ilexible, aquel ao que todos fomos levados no momento, no que nos comunicaron a noticia da morte con signos violencia de Elisa.
No pavillón de Lavandeira o vindeiro sábado 1 de Marzo as 17,00 da tarde soará unha peza: PARA ELISA    
 DE BEETHOVEN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario