CARTEL DO LARPEIRADAS 2014 |
O
LARPEIRADAS chega a súa sexta edición, cargado de agasallos para os nenos que decidan
acompañarnos disfrazados, con postres aptos para diabéticos, con unha piñata ben
cargadiña de regalos e a compañia de Fanki e Tranki.
CABANAS
RURAL, asociación de Mulleres organiza para o vindeiro domingo
16 de Febreiro por sexto ano consecutivo este goloso concurso.
Organizamos a
sexta edición do concurso de postres LARPEIRADAS, no pavillón de Lavandeira, Cabanas. As bases son similares ás das
edicións anteriores.
As persoas que
desexen inscribirse no VI LARPEIRADAS, poderano facer a través do tfno
659.620.948 en horário de 11,30 a 14,00 e de 16,30 a 20:00 horas ou ben a
través do correo electrónico cabanasrural@gmail.com.
A recepción dos postres
fixose a partir das 16:00 horas da tarde e ate as 17:00 horas, o Domingo 16 de
Febreiro, dentro do pavillón; unha vez o rexistro se deu por pechado, os
membros do xurado procederon a facer a súa labor valorando a presentación, a
orixinalidade e o sabor de cada un dos pratos presentados a concurso.
É condición
indispensable, que os postres se presenten aptos para o seu consumo e para que
poidan ser degustados polos presentes no certame do larpeiradas.
- Descripción dos premios (3 en total)
- Premio ao SABOR
- Premio á PRESENTACION
- Premio á ORIXINALIDADE
A
partir das 18:30 da tarde todos os presentes poideron probar os postres,
sempre e cando o xurado tivese acabado de valorar os premios: SABOR, PRESENTACIÓN
E ORIXINALIDADE.
A partires das
19:00 horas fixeose entrega dos premios aos galardonados.
Na edición deste
ano todos os nenos que nos acompañaron na tarde do domingo 16 de
Febreiro levaron un agasallo.
O xurado estaba
formado por 5 persoas:
- Un
representante de Cabanas Rural.
- Un
representante do Concello de Cabanas: Esperanza Gayoso, Concelleira de Cultura
e deportes.
- Unha persoa
dunha das panaderias da zona: Panaderia Ramón de Sillobre.
- Unha
nutricionista: Silvia Caramés.
- Unha persoa
elexida ao azar de entre o público.
Houbo unha
sección de postres, fora de concurso, que prepararemos dendê a organización ,
seguindo as instruccións e pautas da nutricionista Silvia Carames, para aquelas
persoas que teñan certos problemas côa glucosa e azucares, dietas com baixo
indice glucemico, diferentes opcións que
podemos ter para degustar un bocado doce orellas, rosquillas, freixós...
postres típicos do entroido e non tan típicos, diferentes sabores ou texturas.
A animación do
LARPEIRADAS 2014, apta para adultos e nenos, ven da mán de Fanki e Tranki:
"Duas tolas se xuntaron
Vaia unha que
argallaron
Disque hai outra
dimension
Que nos
pasa polo lado..."
"SIN
COLORANTES NIN FARRAPOS DE JAITAS"
No hay comentarios:
Publicar un comentario