Corazón da Artesanía.
As Fiandeiras de Cabanas Rural estarán o Sábado 8 de Xullo, no Corazón da Artesanía.
A partir das 17.00 realizarán unha exhibición do proceso do fiado "Dende a Ovella ao calcetín".
VIEncontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia que se celebrará do 7 ao 9 de xullo nos Pendellos de Agolada. Un evento único, fiel as súas orixes e capaz de atraer o interese de visitantes na procura da súa orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia.