A idea de celebración desta tarde parte do taller de Manualidades de
Lavandeira e dos seus participantes, a través da sua monitora María
Porto, hai 8 anos. Cabanas Rural puxo en feitos as ideas que partiron deste grupo.
Un momento moi especial na celebración desta tarde para Cabanas Rural e
as persoas que participan no taller de Manualidades de Lavandeira é o
instante no que os usuarios de Afal Ferrolterra e os participantes
realizan conxuntamente un cadro.
Un ano mais, e van oito, Cabanas Rural Asociación de Mulleres, organiza unha nova tarde Solidaria para o SÁBADO 3 DE XUÑO.
Tratase dunha iniciativa coa que recadamos fondos para colaborar co
traballo que ven realizando a Asociación de Familiares de Enfermos de
Alzheimer (AFAL) na comarca de Ferrol dende o ano 1997 para millorar a
calidade de vida dos enfermos e das familias. Unha tarde creada con
moito agarimo, esmero, traballo, ilusión ... na que contamos con moitos
colaboradores, grandes e pequenas empresas, persoas anónimas, o concello
e todos cada un dos que o vindeiro sábado 3 de Xuño nos ides acompañar
un ano mais. Tentaremos que sexa unha tarde divertida, entretida, amena e animada.