Estamos a argallar o Mercado do Nadal do 2017.
Se estas interesado en participar ponte en
contacto con nós no teléfono 659.620.948.
De luns a sábado a partires das 16:30 horas e ata as 20:30 horas.
O vindeiro Sábado 18 de Novembro celebramos a Roga da Esfolla por oitavo
ano consecutivo. As rogas,eran xuntanzas de persoas para facer un
traballo en conxunto, había rogas para a sega, para a malla, a matanza,
para amañar os camiños, para ensilar, para esfollar o millo, para
coller nas patacas…Os veciños axudabanse entre si e o pago dos traballos
era con traballo. Cando remataban todos os do lugar, xuntabanse para o
celebrar.
