domingo, 29 de noviembre de 2015
MERCADO DO NADAL 2015
Se estas interesado en participar no Mercado do Nadal do 2015 ponte en contacto con nós no teléfono 659.620.948 a partires das 16:30 horas.
domingo, 1 de noviembre de 2015
A Roga de Esfolla 2015

E iso imos facer, celebralo con zonchos, papas de millo, liscos, un chisco de viño e todo isto acompañado da música dos Silbarda e das Cantareiras de Airiños da Capela.
Teremos pan de millo amarelo, negro e branco cocido na casa... lembrades como se usaban as nateiras?? pois tamén faremos manteiga, ou intentaremolo coas nateiras das avóas.
Asi que se vos apetece lembrar aqueles sabores case esquecidos achegadevós ao pavillón de Lavandeira o vindeiro 22 de Novembro.
Esperamos que nos acompañedes tod@s!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)